JAVIER FAJARDO

Nacido en Viveiro (Galicia), Javier Fajardo é actualmente o director artístico da Nova Orquestra e Coro da Universidade de Valladolid e o director musical asociado do Coro da Sinfónica de Galicia. A pesar da súa mocidade, a súa formación académica baseada en estudos de clarinete, piano, canto, composición e dirección, lévalle a obter os títulos superiores de composición e dirección. No terreo da dirección coral perfecciona os seus estudos cos mestres Gary Graden, Frieder Bernius, Simon Halsey ou Gijs Leenars e no campo da dirección orquestral considera fundamental o traballo que durante os últimos anos veu facendo xunto aos mestres Andrés Salgado e Miguel Romea que posteriormente completou con figuras como Nicholas Pasquet, Johannes Schlaefli, Rodolfo Fischer ou Mark Heron entre outros.

Hoxe en día, a súa actividade artística céntrase na súa faceta como director e isto levoulle a realizar concertos internacionais con formacións como o Kammerchor Stuttgart, a Klassische Philharmonie Stuttgart ou o Rundfunkchor Berlin, concertos pedagóxicos como ?A Operiña? enmarcada no Festival Bal e Gai 2022; así como tamén foi convidado por entidades nacionais como o Teatro Calderón de Valladolid para a preparación da ópera Lle martyre du Saint Sebastien xunto á Fura dels Baus e a Orquestra Sinfónica de Castela e León, o Cor de Cambra do Palau da Música Catalá ou o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia co que recentemente gravou a versión francesa de Orfeo e Euridice, o Mesías de Haendel e dirixiu a última xira que o coro da Sinfónica de Galicia realizou por algunhas cidades galegas.