José Trigueros
A súa sólida formación e mais o seu fondo coñecemento dunha orquestra desde dentro, grazas á súa longa experiencia como primeiro percusionista da Orquestra Sinfónica de Galicia, fixeron de José Trigueros un dos directores españois con maior proxección.
Convidado con frecuencia pola Joven Orquesta Nacional de España, sendo o seu director asistente e estando á fronte da Academia de Música Contemporánea, José Trigueros dirixiu orquestras como a Orquestra de Valencia, a Orquestra Ciudad de Granada, a Orquestra Sinfónica de Navarra, a Orquestra Sinfónica del Vallés, a Orquestra de Córdoba, a Orquestra Sinfónica das Illas Baleares, a Oviedo Filarmonía, a Orquestra de Extremadura ou, en 2016, a prestixiosa Tonhalle Orchester de Zurich, onde foi seleccionado polo mestre David Zinman para unha Masterclass xunto á devandita formación.
Formado nos conservatorios de Valencia e Ámsterdam, Trigueros comezou os seus estudos de dirección de orquestra da man do mestre Bruno Aprea e posteriormente ampliounos no Conservatorio de Bruxelas con Patrick Davin.