
O Ecléctica Ensemble, o Cuarteto Schubert e mais o Zoar Ensemble, integrados por membros da Orquestra Sinfónica de Galicia, participarán no ciclo de abono outubro-decembro de 2020 da Sociedade Filharmónica de Vigo, en colaboración con Afundación.
Zoar inicia a colaboración da OSG coa Sociedade Filharmónica de Vigo o vindeiro 22 de outubro, cun programa con obras de Schumann (Escenas infantís) e Bizet (Xogos infantís), mentres que o Ecléctica Ensemble actuará o 12 de novembro cun programa no que ha de interpretar a Sinfonía nº 4 de Mahler, arranxado para orquestra de cámara por Klaus Simon e no que tamén soará o Preludio á sesta dun fauno de Debussy. Finalmente, o 3 de decembro poderá escoitar o Cuarteto de Corda Schubert co Cuarteto nº. 6 de Mendelssohn, o Intermezzo elexíaco e escena da ópera A Tribuna, de Gabriel Bussi, e o Cuarteto Americano de Dvorák. Toda a información sobre os programas, datas e intérpretes está dispoñible no pdf Tempada Abonos Clásica.