Óscar Vázquez Valiño, novo trombón baixo da Sinfónica

Óscar Vázquez Valiño, membro da Orquestra Nova da OSG que apoia a Fundación Repsol, novo trombón baixo da Orquestra Sinfónica de Galicia logo de gañar a súa praza nunha convocatoria pública á que aspiraron 33 instrumentistas. Natural de Caldas de Reis, Óscar formouse nos conservatorios de Pontevedra, A Coruña e Plasencia. Na súa formación complementaria contou, entre outros, con profesores como Charles Vernon, da Sinfónica de Chicago, Christian Jones, da Philharmonia Orchestra, Francisco Guillén da OCNE, así como co recentemente finado trombón baixo da OSG Petur Eiriksson, cuxo posto vacante ocupará desde agora no conxunto orquestral. Membro da Orquestra Nova da OSG, Óscar conta xa con experiencia como profesional: traballou en varias ocasións como reforzo coa OSG, como no recente concerto en Barcelona ás ordes de Gustavo Dudamel, e colaborou con orquestras como a Sinfónica de Navarra e mais a Sinfónica de Estremadura entre outras.