La OSG abre ao público xeral a venda de novos abonos
A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) abrirá ao público xeral a venda de novos abonos para a súa tempada de concertos 25-26 os días 19 e 20 de setembro. A programación de tempada da OSG inclúe un Abono Venres con vinte e dous concertos así como un Abono Sábado cun total de once programas, que terán lugar no Palacio de la Ópera da Coruña de outubro de 2025 a xuño de 2026.
Os novos abonos poderanse adquirir o venres 19 de setembro de 17 a 20 horas e o sábado 20 de setembro de 11 a 14 horas, nas oficinas principais da Orquestra Sinfónica de Galicia, situadas no Palacio de la Ópera da Coruña (entrada polo parque de Santa Margarita). Tamén estarán dispoñibles a través do servizo de venda en liña de Ataquilla en ataquilla.com.