O Stravinsky sinfónico coa OSG no selo BIS

A Orquestra Sinfónica de Galicia e Dima Slobodeniouk continúan coa gravación da obra orquestral completa de Igor Stravinsky para o selo sueco BIS, que acaba de publicar o segundo dos discos da serie coa Sinfónica en tres movementos, as Sinfónicas de instrumentos de vento e a Sinfonía en C. 
Aínda que Igor Stravinsky non é un compositor habitualmente asociado á forma sinfónica, cinco das súas creacións levan ese nome aínda que teñen pouco en común. A Sinfonía en Tres Movementos parece continuar onde o deixou A Sagra da Primavera, cos seus ostinatos rítmicos. Algúns o interpretan como a resposta do compositor á Segunda Guerra Mundial, que arrasou Europa no momento da súa creación. A obra é considerada unha das mellores polo autor de orixe rusa, unha mostra de orixinalidade absoluta e atrevida. Pola súa banda, a Sinfonía en Do, creada a medio camiño entre Europa e América, é un exemplo do humor, a sinxeleza e o clasicismo dos que foi capaz o compositor incluso en momentos moi difíciles para el. 
O disco complétase coas chamadas Sinfonías de instrumentos de vento, nas que Stravinsky volve aos modelos orquestrais de principios do século XVII.
Trátase do segundo disco de OSG e Dima con traballos de Stravinsky para o selo BIS, despois da súa primeira gravación con música de violín con Ilya Gringolts e que obtivo o recoñecemento unánime da crítica internacional —desde Gramophone ata Diapasón— como un dos grandes discos da ano.