Dudamel e a OSG interpretan Beethoven en Barcelona

Gustavo Dudamel e mais a Sinfónica de Galicia interpretarán a Sinfonía nº 9 de Beethoven nunha homenaxe á sociedade civil no Palau de la Música Catalana de Barcelona.
A orquestra galega e o director venezolano colaboran por segunda vez e coa mesma obra logo do seu concerto na Plaza do Obradoiro en xullo de 2017.
No concerto, que terá lugar o venres 18 de setembro no emblemático auditorio barcelonés, participarán tamén o Cor de Cambra do Palau, o Orfeó Català e músicos da Escuela Superior de Música Reina Sofía.

Gustavo Dudamel e mais a Sinfónica de Galicia interpretarán a Sinfonía nº 9 de Beethoven nunha homenaxe á sociedade civil ante a COVID-19 que terá lugar no Palau de la Música Catalana de Barcelona o venres 18 de setembro.
O concerto —que ha de ser a segunda colaboración do conxunto orquestral galego co director venezolano tras a súa «Novena» de Beethoven na Praza do Obradoiro en xullo de 2017— contará co Orfeó Català e mais o Cor de Cambra do Palau, ademais de con músicos da Escuela Superior Reina Sofía.
O cuarteto vocal, pola súa banda, estará formado pola soprano Susanne Elmark, a mezzo Aigul Akhmetshina, o tenor Leonardo Capalbo e o baixo José Antonio López.