Con motivo do seu trinta aniversario, a OSG estrea conta de Flickr cun histórico de fotos desde a súa creación en maio 1992 ata hoxe

No ano 1991 fixéronse audicións en San Petersburgo e nos principais centros musicais do mundo para un novo proxecto que tiña a cidade, a Orquestra Sinfónica de Galicia que nace e fai o seu primeiro concerto en maio de 1992. Trinta anos máis tarde a Sinfónica de Galicia é un proxecto consolidado con Coro propio e un referente pola súa excelencia e agrupacións infantís e xuvenís non só en Galicia, senón a nivel nacional e internacional. A conta de Flickr percorrerá estes 30 anos con fotografías desde estas primeiras audicións, os primeiros concertos ata hoxe. Comezamos o proxecto cunha fotogalería da primeira década 1992-2002 . O primeiro xerente Juan Bosco Gutiérrez Valle e director Sabas Calvillo Velasco, Enrique Vermellas e Víctor Pablo Pérez, o nacemento do Festival Mozart da Coruña, a Escola de Práctica Orquestral xerme da Orquestra Nova, o Coro da Sinfónica e os primeiros concertos en María Pita e xiras europeas. Podes acceder á conta nesta ligazón https://www.flickr.com/photos/sinfonicadegalicia/