A OSG estrea doce obras doutros tantos autores galegos no IV Festival Resis
A Sinfónica de Galicia estreará na cuarta edición do Festival Resis un total de 12 obras encargadas a outros tantos creadores galegos dentro do seu «Proxecto 2020 (21) 20 compositores 20 estreas» que puxo en marcha durante o confinamento en 2020 e co que abrangue todo tipo de estéticas, tendencias e xeracións da música actual galega. Distintas agrupacións de cámara integradas por instrumentistas da OSG ofrecerán desde o 24 de abril e ata o 6 de xuño as obras de Jacobo Gaspar Grandal, Hugo Gómez Chao-Porta, Wladimir Rosinskij, Gabriel Bussi, Fernando Buide, Paulino Pereiro, Carlos Cambeiro, Carme Rodríguez, Sofía Oriana, Paz Pita, Federico Mosquera e Xavier de Paz, en escenarios coruñeses tan diversos como a Igrexa das Capuchinas (Grupo Instrumental Siglo XX, 24 de abril), Palexco (Camerata OSG, 2 de maio), Quinteto Schubert (Palexco, 9 de maio), Zoar Ensemble (23 de maio), Grupo Untía (Fundación Luis Seoane, 23 de maio), Orphelion Ensemble (Sala de exposicións do Palacio Municipal, 30 de maio) e OSG Sinfonietta (Teatro Colón, 6 de xuño).